Blog do escritor Francisco Castro

Nacín en Vigo en 1966. Na actualidade traballo na xestión cultural e na comunicación. Son director, tamén, do Taller Literario Caixanova e do Taller de Poesía Caixanova. No ano 1991 publiquei Amor de cinema, ao que lle seguiron Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Curta, 1997), os libros de relatos A canción do náufrago (2001), Xeografías (finalista do Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001) e a novela histórica Memorial do infortunio (2003), traducida no 2004 ao castelán. Polo de hoxe, os meus dous últimos libros son a novela Xeración perdida (2004) e o libro para mozos Un bosque cheo de faias (2004). No ano 1999 fun Premio de Xornalismo "Manuel Reimóndez Portela", no 2002 obtiven "O Facho" de poesía e en 2005 gañei o Premio Rosa Reboredo de Narrativa da Asociación Cultural Galega de Cornellá, polo meu relato "Venres Desesperado (look casual friday)" e o Premio Modesto R. Figueiredo de narracións breves polo meu traballo "Ningún fascista morreu inxustamente".